Monthly Archives: Xullo 2022
Campionato de España de Xadrez Lóstrego e Rápido 2022
Campionato de España Individual Absoluto e Feminino 2022
A Federación Española de Ajedrez a través da sua circular 16/2022 convocou o Campionato de España Individual Absoluto e Feminino 2022.
Todala información neste enlace.
Campionato de España Sub 14 e Sub 14 de Xadrez Rápido 2022
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Salobreña Suites (Granada) do Campionato de España de Sub 14 e Sub 14 de Xadrez Rápido, neste ultimo a xogadora Galega Nerea Cereijo (Escola Xadrez Compostela) foi a Campioa feminina.
O xogador Galego mellor clasificado no Campionato Sub 14 foi Alejandro Cereijo (Escola Xadrez Compostela) con 6,5 puntos e o 13º posto.
Parabéns!
Enlace Sub 14 Info64.
Enlace Sub 14 Xadrez Ràpido Info64.
XXXVII Festival Internacional de Xadrez “Cidade de Ferrol”
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios do 1º Torneo pertencente ao calendario do XXXIII Circuito Galego de Xadrez 2022: XXXVII Festival Internacional de Xadrez “Cidade de Ferrol”, onde o GM Vladimir Petkov proclamouse campion con 7 puntos.
Convocatoria de eleccións na Federación Galega de Xadrez
No día de hoxe convocanse as eleccións a Membros da Asamblea Xeral, Presidente e Membros da Comisión Delegada da Federación Galega de Xadrez, reguladas polo Regulamento Electoral que elaborouse a tal fin e nos plazos estipulados no Calendario Electoral.
Todala información sobre o Proceso Electoral podese atopar neste enlace.
Campionato de España Sub 12 e Sub 12 de Xadrez Rápido 2022
Felix Antonio Ilinca Ilinca (Comunidad Valenciana) e Marta Elena Jiménez Carrazoni (Madrid) proclamaronse Campións de España na categoría Sub-12. Acompañanos no pódio Alex Villa Tornero de Cataluña subcampión e Jaime Rey Martínez de Madrid en terceira posición.
O Xogador galego mellor clasificado foi Sergio Diniz Lopez (Círculo Xadrez Narón) con 6,5 puntos e o 13º posto.
Enlace Info64.
O madrileño Jaime Rey Martínez e a xogadora de Asturias, Alina Prochaieva proclamaronse campións no Campionato de España de Xadrez Rápido Sub 12 , Felix Antonio IIinca IIinca de Comunidad Valenciana fíxose co subcampionato, mentres que o xogador de Baleares Pau Marin Ferragut ocupou a terceira posición.
O xogador galego mellor clasificado foi Sergio Diniz Lopez (Círculo Xadrez Narón) con 6,5 puntos e o 11º posto.
Enlace Info64.