Daily Archives: 22 de Abril de 2022
Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria – Modificación Orde do día
Según os estatutos da FEGAXA e de acordo coa Lei do Deporte de Galicia, convócase reunión da Asemblea Xeral Ordinaria desta federación deportiva para o vindeiro día 30 de Abril de 2022, ás 17:00 horas en primeira convocatoria e ás 17:30 en segunda convocatoria, no Salón de Actos da Casa do Deporte de Vigo (sede da Federación Galega de Xadrez).
Orde do día da Asemblea Xeral Ordinaria (modificado o 22/04/2022).
Toda a documentación irase pubricando no seguinte enlace.
Play Off Liga Galega por equipos de Club 2022 «Campionato Xunta de Galicia»
O sábado 23 de Abril de 2022 tivo lugar o Play Off de División de Honra e de Primeira División 2022.
O equipo Xadrez Ourense «A» proclamouse Campión de División de Honra (por sistema de desempate), tras empatar (3-3) co CXF-Viajes Interrias Sanxenxo.
Na Primeira División o Alexandre Bóveda A, Sociedad Liceo Marquiño e Benchoshey Senior ascenden a División de Honra para a tempada 2023.
Toda a información, neste enlace.
Actas Play Off División Honra, neste enlace.
Actas Play Off 1ª División , neste enlace.
Circular medidas preventivas Covid-19 (uso da máscara)
Pubrícase circular interpretativa da normativa en materia da Covid-19 con relación ao uso da mácara na actividade física e do deporte federado de competencia autonómica.
Toda a información, neste enlace.
Aínda que finalice a obriga de uso de máscara en interiores, dende a DXSP seguen recomendando a prudencia e o uso responsable en espazos pechados cando non se poida garantir que nas actividades se garde a debida distancia de seguridade interpersoal de 1,5 m e a ventilación adecuada.
Este uso responsable é tamén recomendado pola Ponencia de Alertas, Plans de Preparación e Resposta e incorporado na exposición de motivos da norma que se publicou o 19/04/2022 (Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que se modifica la obligatoriedad del uso de mascarillas durante la situación de crisis sanitaria ocasionada por la COVID-19, dispoñible na ligazón https://www.boe.es/buscar/pdf/2022/BOE-A-2022-6449-consolidado.pdf).