Daily Archives: 18 de Abril de 2022
Campionato Galego Sub-16 e Absoluto, Feminino e Veterán 2022 «Xunta de Galicia»
O sábado tivo lugar no Hotel Scala de Padrón (A Coruña) a clausura e entrega de premios do Campionato Galego Sub-16 e Absoluto, Feminino Veteráns «Xunta de Galicia».
O xogador do Club Xadrez Mos, Xabier Pérez Sousa proclamouse Campión Galego Sub-16, Alejandro Cereijo Suárez ( Escola Xadrez Compostela) foi o Subcampión e Paula Suárez Gomez (Club Xadrez Fontecarmoa) a 3º clasificada na xeral e 1ª clasificada feminina.
Toda a información, neste enlace.
Na categoría Absoluta, Luis Marco Medarde Santiago (CD Portas Abertas Verín) proclamouse Campión Galego, David Gómez Diéguez (Club Deportivo Xadrez Ourense) foi subcampión Galego e Rubén Fernández López (Escola Xadrez Pontevedra) 3º clasificado. Inés Prado Acebo ( Club Xadrez Rianxo) conseguiu o 8º posto na xeral e foi a 1ª clasificada feminina.
Nas categorías Veteráns, D. Francisco Carrera Perez (SD Club Marcote) foi o 1º veterano +50 no 6º posto con 6 puntos e na categoría veteráns + 65 o 1º foi D. Avelino Leiros Vila (SD Club Marcote) no posto 12º con 5,5 puntos.
Toda a información, neste enlace.
Parabéns!!