Monthly Archives: Abril 2022

Concesións arbitraxe Campionatos Galegos Lóstrego e Rápidas 2022

Rematado o prazo de solicitud de arbitraxe como árbitro principal e/ou adxunto para os Campionatos Galegos Lóstrego de xadrez Rápido que terán lugar no Hotel Scala (Padrón) o 07 e 08 de Maio de 2022 (respectivamente), publícanse as concensións correspondentes aos mesmos.

Toda a información, neste enlace.

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria – Modificación Orde do día

Según os estatutos da FEGAXA e de acordo coa Lei do Deporte de Galicia, convócase reunión da Asemblea Xeral Ordinaria desta federación deportiva para o vindeiro día 30 de Abril de 2022, ás 17:00 horas en primeira convocatoria e ás 17:30 en segunda convocatoria, no Salón de Actos da Casa do Deporte de Vigo (sede da Federación Galega de Xadrez).

Orde do día da Asemblea Xeral Ordinaria (modificado o 22/04/2022).

Toda a documentación irase pubricando no seguinte enlace.

Play Off Liga Galega por equipos de Club 2022 «Campionato Xunta de Galicia»

O sábado 23 de Abril de 2022 tivo lugar o Play Off de División de Honra e de Primeira División 2022.

O equipo Xadrez Ourense «A» proclamouse Campión de División de Honra (por sistema de desempate), tras empatar (3-3) co CXF-Viajes Interrias Sanxenxo.

Na Primeira División o Alexandre Bóveda A,  Sociedad Liceo Marquiño e Benchoshey Senior  ascenden a División de Honra para a tempada 2023.

Toda a información, neste enlace.

Actas Play Off División Honra, neste enlace.

Actas Play Off 1ª División , neste enlace.

 

Circular medidas preventivas Covid-19 (uso da máscara)

Pubrícase circular interpretativa da normativa en materia da Covid-19 con relación ao uso da mácara na actividade física e do deporte federado de competencia autonómica.

Toda a información, neste enlace.

Aínda que finalice a obriga de uso de máscara en interiores, dende a DXSP seguen recomendando a prudencia e o uso responsable en espazos pechados cando non se poida garantir que nas actividades se garde a debida distancia de seguridade interpersoal de 1,5 m e a ventilación adecuada.

Este uso responsable é tamén recomendado pola Ponencia de Alertas, Plans de Preparación e Resposta e incorporado na exposición de motivos da norma que se publicou o 19/04/2022 (Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que se modifica la obligatoriedad del uso de mascarillas durante la situación de crisis sanitaria ocasionada por la COVID-19, dispoñible na ligazón https://www.boe.es/buscar/pdf/2022/BOE-A-2022-6449-consolidado.pdf).

Campionato Galego Sub-16 e Absoluto, Feminino e Veterán 2022 «Xunta de Galicia»

O sábado tivo lugar no Hotel Scala de Padrón (A Coruña) a clausura e entrega de premios do Campionato Galego Sub-16  e Absoluto, Feminino Veteráns «Xunta de Galicia».

O xogador do Club Xadrez Mos, Xabier Pérez Sousa proclamouse Campión  Galego Sub-16, Alejandro Cereijo Suárez ( Escola  Xadrez Compostela) foi o Subcampión e Paula Suárez Gomez (Club Xadrez Fontecarmoa) a 3º clasificada na xeral e 1ª clasificada feminina.

Toda a información, neste enlace.

Na categoría Absoluta, Luis Marco Medarde Santiago (CD Portas Abertas Verín) proclamouse Campión Galego, David Gómez Diéguez (Club Deportivo Xadrez Ourense) foi subcampión Galego e Rubén Fernández López (Escola Xadrez Pontevedra) 3º clasificado. Inés Prado Acebo ( Club Xadrez Rianxo) conseguiu o 8º posto na xeral e  foi a 1ª clasificada feminina.

Nas categorías Veteráns, D. Francisco Carrera Perez (SD Club Marcote) foi o  1º veterano +50 no  6º posto con 6 puntos e na categoría veteráns + 65  o  1º foi  D. Avelino Leiros Vila (SD Club Marcote) no  posto 12º con 5,5 puntos.

Toda a información, neste enlace.

Parabéns!!

Campionato Galego Sub-10 e Sub-12 2022 «Xunta de Galicia»

Onte tivo lugar no Hotel Scala de Padrón (A Coruña) a clausura e entrega de premios do Campionato Galego Sub-10 e Sub-12 2022 «Xunta de Galicia».

O xogador do Club Usc, Lois Quintas Otero proclamouse Campión  Gallego Sub-10 , Sergio Calvo Miguez ( Escola Ames Xadrez) foi o  Subcampión  e Mateo Labandeira Troiteiro (Escola Xadrez Compostela) o 3º clasificado.

Toda a información, neste enlace.

Na categoria Sub-12, Diego Ibañez Cruces( Club Ajedrez Lucena) proclamouse Campión Galego, Sergio Diniz Lopez (Circulo Xadrez Naron) foi subcampión gallego e Javier Del Valle Crespo (X. Mos) o 3º clasificado.

Toda a información, neste enlace.

Parabéns!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies