Monthly Archives: Marzo 2022
Semana do 08 de Marzo de 2022
Con motivo da semana da muller, a Comisión de la Mujer y el Ajedrez da FEDA preparou algunhas actividades.
O día 9 de marzo xoga contra a Selección feminina en chess24 ás 19:30 horas
O domingo 13 ás 19 horas haberá unha batalla de Comunidades Autónomas en lichess.
As chicas interesadas en xogar poden entrar no equipo de Galicia feminino: https://lichess.org/team/galicia-femenino e entrar no TORNEO pinchando: https://lichess.org/tournament/I8GymHs8
Para solicitar máis información do evento, poden contactar no seguinte e-mail: fegaxa@fegaxa.org.
Campionato Galego Sub-14 e Sub-18 2022 «Xunta de Galicia»
Onte tivo lugar no Hotel Scala de Padrón (A Coruña) a clausura e entrega de premios do Campionato Galego Sub-14 e Sub-18 2022 «Xunta de Galicia».
O xogador da Escola Xadrez Compostela, Alejandro Cereijo Suarez proclamouse Campión Galego Sub-14 , César Oubiña Pazos (Xadrez Fontecarmoa) foi o Subcampión e Hugo Dominguez Conde (Escola Xadrez Compostela) o 3º clasificado.
Toda a información, neste enlace.
Na categoria Sub-18, Rubén Fernández López ( EXP) proclamouse Campión Galego con 8 puntos dos 8 posibles, Pablo López Varela (Escola Luguesa) foi subcampión Galego e Mauro Sanroman Costas (X. Mos) 3º clasificado.
Toda información, neste enlace.
Parabéns!!