Monthly Archives: Novembro 2021

Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria

Según os estatutos da FEGAXA e de acordo coa Lei do Deporte de Galicia, convócase reunión da Asemblea Xeral Extraordinaria desta federación deportiva para o vindeiro día 18 de Decembro de 2021, ás 17:00 horas en primeira convocatoria e ás 17:30 en segunda convocatoria, no Salón de Actos da Casa do Deporte de Vigo (sede da Federación Galega de Xadrez).

Orde do día.

Calendario provisional deportivo 2022 – Actualizado

A Federación Galega de Xadrez pubrica o calendario provisional deportivo para a tempada 2022 que se presentará para a súa aprobación pola Asemblea Xeral Extraordinaria o vindeiro 18 de Decembro de 2021.

Xefega

Informase que o programa Xefega nos vindeiros días estará fora de servicio, estamos a preparar a tempada 2022.

Se algún Club quere federar algún xogador, pregase  que se poñan en contacto coa Federación no  e-mail fegaxa@fegaxa.org.

Disculpen as molestias.

 

 

Campionato de Europa de Seleccións 2021

Na vixésima terceira edición do Campionato de Europa de Seleccións, a Selección Española Absoluta logrou un resultado histórico finalizando na cuarta posición cós mesmos puntos cá Selección Polaca, quen obtivo a terceira praza grazas a un mellor desempate.

A Selección Española Absoluta sumou 13 puntos logrando non perder ningún dos seus encontros: táboas contra Rusia, Ucrania, Hungría, Armenia e Polonia, mentras que impúxose ante Islandia, Turquía, Rumanía e Países Bajos na última rolda. O xogador galego e GM Iván Salgado López convocado como 4º taboleiro obtivo 3 puntos en 6 partidas disputadas.

Páxina Web Oficial

Partidas en Chess24: (Open) (Femenino)

Clasificación: (Open) (Femenino)

XVIII Campionato de España Individual de Veteranos 2021

Onte rematou  o XVIII Campionato de España Individual de Veteráns nos salóns do Hotel CAP Negret en Altea (Alicante) coa participación de 183  xogadores.

Na categoría maiores de 50 (Grupo A) o  Mestre Internacional Michael A. Rahal proclamouse campión sumando un total de 7,5 puntos e o galego Francisco Carrera Pérez finalizou na segunda posición  con 7 puntos.

Na categoría maiores de 65 (Grupo B), o Gran Mestre José Luis Fernández García, con 7,5 puntos, alzouse co campionato.

Noraboa!

Enlaces a Info64: XVIII CE Veteranos – Grupo A (+50) 2021 e XVIII CE Veteranos – Grupo B (+65) 2021.

Retransmisión en directo

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies