Monthly Archives: Agosto 2021
Campionato de España Sub-18 e Sub-18 rápidas 2021
A aragonesa María Eizaguerri Floris proclamouse Campioa do Campionato de España Sub-18 con 7,5 puntos en 9 roldas. María convertiuse na primeira muller en proclamarse campioa de España en categoría absoluta a ritmo tradicional. Empatados a 7,5 puntos, o catalán Guerau Masagué Artero conseguiu o subcampionato, mentras que o xogador navarro Juan Labiano Hernández ocupou a terceira posición.
Na clasificación feminina, Lulu Zhou de Madrid como subcampioa e Adhara Rodríguez Redondo de Canarias como terceira clasificada, ambas empatadas a 6 puntos, acompañaron no podio á campioa María Eizaguerri Floris.
O xogador galego mellor clasificado foi Andrés Rodríguez Ferreirós (Xadrez Fontecarmoa) con 6,5 puntos e o 15º posto.
Enlace a Info64
O madrileño Gabriel Quispe Arteaga proclamouse campión do Campionato de España Sub-18 Rápido con 7,5 puntos de 9 posibles. Cós mesmos puntos, o catalán Pedro Antonio Ginés Esteo conseguiu o subcampionato, mentras que o xogador de Murcia Aaron Alonso García ocupou a terceira posición.
Na clasificación feminina, a catalana Joana Ros Alonso alzouse cá victoria con 6,5 puntos. Viviana Galván Cipriani de Valencia (6 puntos) e María Eizaguerri Floris de Aragón (6 puntos) finalizaron na segunda e terceira posición respectivamente.
O xogador galego mellor clasificado foi Artai Bringas Gómez (Xadrez Laroca) con 7 puntos e o 5º posto.