Monthly Archives: Agosto 2021

Campionato de España Individual Absoluto e Feminino 2021

Durante os días 16 e 24 de agosto celebrouse o Campionato de España Individual Absoluto e Feminino nos salóns do hotel “RL Aníbal” de Linares, Jaén.

Eduardo Iturrizaga Bonelli proclamouse campión absoluto con 7,5 puntos en 9 roldas disputadas.

A xogadora Sabrina Vega Gutiérrez alzouse có título de Campioa de España Feminina con 6 puntos.

O xogador galego mellor clasificado foi o GM Iván Salgado do Club Xadrez Ourense, obtendo o 6º posto con 7 puntos.

Toda a información, neste  enlace.

Subvencións a entidades deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte

Hoxe, venres 20 de agosto, publicouse no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN coas listaxes definitivas de entidades beneficiarias das subvencións para actividades deportivas e medidas COVID (procedemento PR945C), así como as solicitudes denegadas por non acadar a puntuación mínima, e as inadmitidas e desistidas da súa petición.

Os beneficiarios poden solicitar o cobro da axuda e achegar a documentación xustificativa a través da sede electrónica a partir de mañá sábado 21 de agosto.

Recoméndase ler a “GUÍA” que está dispoñible xunto coa Resolución de beneficiarios no seguinte enlace.

Campionato de España Individual de Xadrez Rápido 2021

O Campionato de España de Xadrez Rápido celebrouse durante o día 14 de agosto no Complexo Polideportivo “la Salobreja” de Jaén e contou cá participación de 205 xogadores.

O valenciano Eduardo Iturrizaga Bonelli proclamouse campión absoluto con 7,5 puntos. Íñigo López Mulet de Extremadura e Ángel Espinosa Aranda de Madrid completaron o podio, cós mesmos puntos que o gañador do torneo, como segundo e tercer clasificado respectivamente.

O xogador galego mellor clasificao foi o GM Iván Salgado López (Club Deportivo Xadrez Ourense) con 7 puntos e o 7º posto.

Enlace a Info64.

Campionato de España Individual de Xadrez Lóstrego 2021

O Campionato de España de Xadrez Lóstrego, cá participación de 242 xogadores, disputoise durante a tarde do día 13 de agosto no Balneario de Marmolejo, Jaén.

O xogador da Federación Valenciana, Francisco Vallejo Pons, proclamouse campión absoluto con 8 puntos. O xogador galego e GM Iván Salgado López do Club Xadrez Ourense obtivo o tercer posto con 7,5 puntos.

Enlace a Info64.

Campionato de España por Equipos de Club de Segunda División 2021

O Campionato de España por Equipos de Club de Segunda División celebrouse do 09 ao 13 de agosto nos salóns do hotel “RL Aníbal” de Linares, Jaén. O campionato disputouse por sistema suizo a 7 roldas e 5 taboleiros cunha participación de 48 equipos.

O equipo aragonés “Myinvestor Casablanca” proclamouse campión con 12 puntos, mentras que o equipo andaluz “Oromana CEN Solutions” ocupou a segunda praza con 11 puntos.

O equipo galego Circulo Ferrolán de Xadrez obtivo 8 puntos e o 23º posto.

Enlace a Info64.

Enlace a Chess24.

Galería de fotos.

XVIII Campionato de España Individual de Veteranos 2021

A Federación Española de Ajedrez a través da súa circular 25/2021 convoca o XVIII Campionato de España Individual de Veteranos 2021.

Toda a información, neste  enlace.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies