Monthly Archives: Abril 2021
Subvencións adquisición equipamento deportivo 2021
Informase que onte, martes 27.04.2021, publicóouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 15 de abril de 2021, da Subdirección Xeral de Plans e Programas da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes de solicitudes suxeitas a enmienda, as solicitudes en motivo de inadmisión e as solicitudes admitidas,
Toda a información, neste enlace.
Copa “Xunta de Galicia” de Clubs 2021.
O Sabado, 24 de Abril de 2021 no Hotel Scala( Padrón) tivo lugar a Copa “Xunta de Galicia” de Clubs 2021, categoría cadete con 20 equipos participantes e onde o equipo Xadrez Estratexia Pola Paz proclamouse Campión con 14 puntos, Escola Luguesa de Xadrez obtivo 11 puntos e o 2º posto e Sociedade Liceo Marquiño foi 3º con 11 puntos.
Toda a información, neste enlace .
E o Domingo, 25 de Abril de 2021 no Hotel Scala ( Padrón) tamén tivo lugar a Copa “Xunta de Galicia” de Clubs 2021, categoría absoluta con 37 equipos participantes e onde o equipo Cículo Ferrolano de Ajedrez A proclamouse Campión con 12 puntos, Club Xadrez Rianxo foi 2º con 11 puntos e C.D. Xadrez Ourense Senior A foi 3º con 11 puntos.
Toda a información, neste enlace .
Solicitudes e concesión arbitraxe Copa “Xunta de Galicia” de Clubs 2021
Rematado o prazo de solicitude de arbitraxe para a Copa “Xunta de Galicia” de Clubs, categorías cadete e absoluta, publícase a concesión como árbitro principal e árbitro adxunto, neste enlace.
Campionato Galego Sub-08 2021
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala ( Padrón) dos Campionatos Galegos Sub 08.
Daniel Manrique ( Xadrez Ourense) proclamouse Campión Galego Sub-08 con 7,5 puntos dos 8 posibles, Carlos Perez (Xadrez Mos) foi subcampión galego e Javier Lema (Xadrez Arteixo) 3º clasificado. Yaiza Ramos (Ramiro Sabell) acadou o 12º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.
Campionatos Galegos Sub18 e Absoluto 2021
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala ( Padrón) dos Campionatos Galegos Sub 18 e Absoluto.
Andres Rodriguez (Club X. Fontecarmoa) proclamouse Campión Galego Sub-18 con 6,5 puntos dos 8 posibles, Angel Sanmartin (Club A. Padrón) foi subcampión galego e Artai Bringas (Club X. Laroca) 3º clasificado. Marta Quintas (Escola Luguesa) acadou o 18º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.
Na categoría Absoluta, David Lariño (CD Portas Abertas Verin) proclamouse Campión Galego Absoluto con 7 puntos dos 8 posibles, Luis Marco Medarde (tamén de CD Portas Abertas Verin ) foi subcampión galego e o 3º clasificado Diego Espiñeira ( Club A. Padron). Nerea Cereijo ( E.X. Compostela) acadou o 29º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.
Nas categorías Veteráns, D. Jose Fernández Otero foi o 1º veterán +50 no 21º posto con 5 puntos, e na categoría veterán +65 D. Fernando Casares Ripol acadou o 1º veterán +65 no 26º posto con 4,5 puntos.
Enlaces Info64:
Campionato Galego Sub-18 Open 2021.
Campionato Galego Absoluto Open 2021.
Retransmisión: