Monthly Archives: Febreiro 2021

Informes, Evaluación de torneos e Elo 2021. VegaChess e Info64 2021

A FEDA publicou as circulares 04/2021 e 05/2021 actualizando a información sobre a evaluación de torneos FIDE e FEDA, presentación de informes e programas de emparellamento. Pódense consultar nos seguintes enlaces:

Circular 04/2021 – Informes, Evaluación de Torneos e Elo 2021

Circular 05/2021 – VegaChess e Info64 2021

Así mesmo, actualizáronse os formularios de solicitude de Rexistro de Torneos para Evaluación, de solicitud de códigos FIDE e de modificación de datos na FIDE. Pódense consultar no seguinte enlace.

Proceso Avaliador para o Título de AN 2021

A federación Española de Ajedrez a través do comunicado Comité  Técnico de Árbitros 02-2021 convoca o Proceso Avaliador para o Título de AN 2021.

Data: do 22 de marzo ao 30 de abril de 2021.

Prazo de incrición: Ata o 18 de marzo de 2021.

Cota de inscrición: 80,00 €

Toda a información neste enlace.

Seminario Arbitraxe en liña 2021

A Federación Española de Ajedrez a través da súa circular 01/2021 Comite Técnico de Árbitros  convoca Seminario de  Arbitraxe en liña 2021.

Datas: os días 15, 16 e 17 de marzo de 2021

Prazo de Inscrición: ata o 12 de marzo de 2021

Cota de inscrición: 30,00 €

Toda a información neste enlace.

Convocatoria de Subvencións a Clubs – SXD

Infórmase de que hoxe mércores 17.02.2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de subvencións a entidades deportivas para o desenvolvemento de actividades deportivas e para a implementación de medidas de prevención e seguridade como consecuencia da COVID-19.

As solicitudes poderanse presentar dende o 18.02.2021  ata o 17.03.2021.

Toda a información, neste enlace.

Protocolo Seguro Deportivo Xogade 2020 – Actualizado

Infórmase que a partir de hoxe (09/02/2021) existe unha modificación no procedemento de xestión de accidentes do Xogade, concretamente no sistema de autorización da xestión de datos do menor por parte dos representantes legais (proxenitores ou titores legais).

Por elo, rectifícase a circular 02/2021 e pubrícase o novo protocolo de actuación e a nova infografía.

Circular 02/2021 BIS: Seguro Deportivo programa XOGADE 2021.

Protocolo de actuación actualizado.

Infografía actualizada.

Subvención SXD – Equipamento Deportivo

Infórmase de que hoxe, venres 05.02.2021 publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento PR949A).

Prazo de solicitudes: desde o 06.02.2021 ata o 05.03.2021

Ver convocatoria, neste enlace.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies