Daily Archives: 07 de Decembro de 2020
Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria
Para dar cumprimento ao establecido no artigo 61.4 da Lei 3/2012, do 2 de Abril, do Deporte de Galicia; por orde do Sr. Presidente da Federación Galega de Xadrez, D. Gaspar Pérez Carnero, convócase, segundo o artigo 33.2 dos estatutos da FEGAXA, reunión da Asemblea Xeral Extraordinaria desta federación deportiva para o vindeiro día 19 de Decembro de 2020, ás 17:00 horas na primeira convocatoria e ás 17:30 horas na segunda convocatoria, no salón de actos da Casa do Deporte en Vigo.