Daily Archives: 18 de Xuño de 2020
Apertura do prazo da solicitude DGAN Xuño 2020
O día 1 de xuño iniciou un novo prazo do procedemento para solicitar o recoñecento dos deportistas Galegos de Alto Nivel ( Pr948A)
Toda a información neste enlace.
Listaxe solicitantes Subvencións
O xoves 28 de maio de 2020, publicouse na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte a listaxe coas entidades solicitantes de subvención e os seus datos deportivos certificados polas federacións e que serán obxecto de valoración para a asignación das subvencións do procedemento PR945C (actividade deportiva).
No caso de desconformidade con estes datos, o prazo para presentar alegacións (a través da sede electrónica) comeza o venres 29.05.2020 e remata o 11.06.2020
Nota: aconséllase que, no caso de querer presentar alegacións a estes datos deportivos, se revise antes o baremo recollido no artigo 8 das bases reguladoras das subvencións, para ver si a alegación que se presenta ten efecto sobre a puntuación (xa que en moitos casos, as alegacións que se presentan non afectan á valoración final da solicitude).
Ver listaxe de datos (apartado CONVOCATORIAS) https://deporte.xunta.gal/gl
Convocatoria examen Árbitro Nacional 2020
O Comité Técnico de Árbitros publicou o comunicado 03/2020 coa convocatoria para o exame nacional de árbitros 2020. Pódese consultar no seguinte enlace.
Convocatoria seminario Árbitro FIDE 2020
Publicouse a circular 14/2020 a través da que se convoca o Seminario de Árbitros FIDE 2020. Pódese consultar no seguinte enlace.
I CAMPIONATO IBEROAMERICANO INDIVIDUAL ABSOLUTO ONLINE
Data: do 25 de maio ao 5 de xullo de 2020
Local de xogo: Online