Monthly Archives: Xuño 2020

Oferta Arbitraxe Campionatos España 2020

O Comité Técnico de Árbitros publicou o  comunicado 04/2020 polo que se publican as ofertas de arbitraxes para os campionatos do 2020.

Podese consultar no seguinte enlace.

PROTOCOLO FISICOVID-DXTGALEGO

Resolución de 15 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte pola que se aproba o PROTOCOLO FISICOVID-DXTGALEGO polo que se establecen as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 no ámbito do deporte federado de Galicia.

DOG Núm.120 de 19 de xuño de 2020

Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade.

Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade

DOG Núm.115 do 13 de xuño de 2020

 

Apertura do prazo da solicitude DGAN Xuño 2020

O día 1 de xuño  iniciou un novo prazo do procedemento para solicitar o recoñecento dos deportistas Galegos de Alto Nivel ( Pr948A)

Toda a información neste enlace.

Listaxe solicitantes Subvencións

O xoves 28 de maio de 2020, publicouse na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte a listaxe coas entidades solicitantes de subvención e os seus datos deportivos certificados polas federacións e que serán obxecto de valoración para a asignación das subvencións do procedemento PR945C (actividade deportiva).

No caso de desconformidade con estes datos, o prazo para presentar alegacións (a través da sede electrónica) comeza o venres 29.05.2020 e remata o 11.06.2020

Nota: aconséllase que, no caso de querer presentar alegacións a estes datos deportivos, se revise antes o baremo recollido no artigo 8 das bases reguladoras das subvencións, para ver si a alegación que se presenta ten efecto sobre a puntuación (xa que en moitos casos, as alegacións que se presentan non afectan á valoración final da solicitude).

Ver listaxe de datos (apartado CONVOCATORIAS)   https://deporte.xunta.gal/gl

Convocatoria examen Árbitro Nacional 2020

O Comité Técnico de Árbitros publicou o comunicado 03/2020 coa  convocatoria para o exame nacional de árbitros 2020. Pódese consultar no seguinte enlace.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies