Monthly Archives: Maio 2020

Subvencións a entidades Deportivas Convocadas pola Secretaría Xeral para o Deporte

O  luns 11.05.2020, publicouse no Diario Oficial de Galicia, a listaxe de solicitudes suxeitas a emenda, as solicitudes inadmitidas e as solicitudes admitidas, presentadas ao abeiro da Resolución do 16 de decembro de 2019 publicada no DOG do 11.01.2020 (código de procedemento PR945C).

Prazo para reclamacións, emendar erros e falta de documentación: dende mañá martes 12.05.2020 ata o luns 25.05.2020. Recórdese que para emendar as deficiencias os interesados deberán ir á sede electrónica, localizar a súa solicitude e en “Accións” seleccionar “Emenda ao requirimento”; téñase ademais especial coidado en elixir correctamente o procedemento da solicitude a emendar –PR945C-.

As entidades cun dobre asterisco (**) no motivo da emenda figuran tamén no anexo II de solicitudes inadmitidas.

 

Ver listaxe e contacto en: https://deporte.xunta.gal   (apartado CONVOCATORIAS)

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies