Monthly Archives: Decembro 2018
Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria – Modificacion Orde do día
O pasado 30 de Novembro de 2018, para dar cumprimento o establecido no artigo 61.4 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia; por orde do Sr. Presidente de Federación Galega de Xadrez D. Gaspar Pérez Carnero, convocou, segundo o artigo 33.2 dos estatutos da FEGAXA, reunión da Asemblea Xeral Extraordinaria desta federación deportiva para o vindeiro día 16 de decembro de 2018, ás 12:00 horas na primeira convocatoria e ás 12:30 na segunda convocatoria, no hotel Scala de Padrón.
Orde do día (modificado)
Proxecto deportivo 2019 (correspondente ao punto 1).
Orzamento 2019 (correspondente ao punto 2).
Modificacións erratas Contas anuais 2017 (correspondente ao punto 3).
Modificacións do Regulamento Xeral de Competicións (RXC) da Fegaxa(correspondente ao punto 4).
Afiliación tempada 2019 – Modificación ordes de forza
Lémbrase que este domingo, 16 de Decembro de 2018, remata o prazo de modificacións de ordes de forza dos equipos participantes na tempada 2019.
Documentación de afiliación, neste enlace.
Prazos de afiliación:
- Notificación alta/baixa equipos: 25/11/2018 (incluído)
- Modificación ordes de forza: 16/12/2018 (incluído)
- Ingresos da liquidación: do 02 ao 18 de Xaneiro de 2019 (a.i.)
Aqueles clubs que saíron pubricados no DOG do 18 de Decembro de 2017 polo que se notificaba o acordo de incoación de cancelación rexistral de entidades deportivas galegas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, terán que facilitar a esta Federación a notificación da Secretaria Xeral para o Deporte conforme están rexistradas actualmente na mesma para poder participar nesta tempada 2019.
Torneo 42 Aniversario do Grupo Bazan
TORNEO VELEDOIRO PARA ELO FIDE.
Datas: 14, 15 e 16 de Decembro de 2018.
Local de xogo: Casa do Xadrez sito no Centro Comercial Portanova – 2º andar (Ferrol – A Coruña).