Daily Archives: 02 de Xullo de 2018
Campionato do Mundo Sub-08 a Sub-12 – Santiago de Compostela
A Federación Española de Ajedrez publicou a Circular 15-2018 na que se establécen as condicións de inscrición dos/as xogadores/as da Federación Española ao Campionato do Mundo Sub 8 a Sub 18 que se celebrará en Santiago de Compostela do 3 ao 16 de novembro de 2018, xunto có formulario de inscrición. Pódense consultar no seguinte enlace.
Campionato de España Sub-08 2018
O Xoves, 28 de Xuño de 2018 deron comezo no Hotel Best Western Hotel Salobreña de Granada os Campionatos de España Sub-08 a Sub-18 2018.
No primer Campionato celebrado (categoría Sub-08) participaron 9 xogadores galegos con Emma Cernadas Camean (Ajedrez Marquiño) como representante galega feminina e Uxio Vilariño Lorenzo coma Campión Galego.
Partidas en directo, neste enlace de Chess24.
Toda a información en Info 64.
Campionato de España de Seleccións Autonómicas Infantis e Cadetes 2018
O Sábado 30 de Xuño de 2018 no Hotel Scala de Padrón tivo lugar a clausura do Campionato de España de Seleccións Infantil e Cadete.
Na categoría infantil (Sub-14) proclamouse Campión a selección da Comunidad de Valencia e na categoría cadete (Sub-16) a selección de Madrid.
Noraboa!!
Retransmisión en directo de todas as partidas das dúas categorías: categoría infantil e categoría cadete.
Emisión da sala de xogo en directo.
Toda a información nestos enlaces: Seleccións Infantis e Seleccións Cadetes.
Boletin 0 (actualizado 23/06/2018).