Monthly Archives: Novembro 2017
XI Torneo Sub-2200
TORNEO VALEDERO PARA ELO FIDE.
DATAS: 01, 02 e 03 de Decembro de 2017.
LOCAL DE XOGO: Casa do Xadrez sito no Centro Comercial Portanova – 2º andar (Ferrol – A Coruña).
Torneo Promoción Ferrol 2017
Data: 18 de Novembro de 2017.
Local de xogo: Casa do xadrez de Ferrol sita no Centro Comercial Portanova – 2º andar (Ferrol – A Coruña)
Mundial Sub08 a Sub12 2018 – Santiago de Compostela
Gaspar Pérez Carnero, presidente da Federación Galega de Xadrez; Ramón Padullés, secretario da Federación Española de Ajedrez; e Francisco Javier Ochoa de Echagüen, presidente da Federación Española de Ajedrez, reuníronse có Concello de Santiago para organizar as necesidades que necesitará o Mundial de Xadrez das categorías sub-8 a sub-12 a celebrar en Santiago de Compostela do 3 ao 16 de novembro do 2018.
Na reunión participaron; Noa Morales, Concelleira de Deportes, Xan Duro, Concelleiro de Medio Ambiente e Mobilidade, e representantes de Deportes e a Policía Local.
Mundial Sub08 a Sub12 2018 – Santiago de Compostela
A secretaria Xeral para el Deporte Gallego, Marta Míguez Telle, recibiu a Gaspar Pérez Carnero, presidente da Federación Galega de Xadrez; Ramón Padullés, secretario da Federación Española de Ajedrez; e Francisco Javier Ochoa de Echagüen, presidente da Federación Española de Ajedrez, para coordinar o Campionato do Mundo de Xadrez das categorías sub-8 a sub-12 que se celebrará en Santiago de Compostela do 3 ao 16 de novembro do 2018.
Posteriormente, a delegación formada por Gaspar Pérez, Ramón Padullés e Francisco Javier Ochoa reuniuse có equipo técnico e a Directora Xerente, Ana Isabel Vázquez Reboredo, da Cidade da Cultura de Galicia. A Cidade da Cultura de Galicia, diseñada por Peter Eisenman, acollerá nas súas instalacións a Sala de Xogo do Mundial de Santiago 2018.
No Parlamento de Galicia
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, reuniuse con representantes da Federación Galega de Xadrez e da Federación Española de Ajedrez, quenes se encontran en Santiago de Compostela nunha visita preparatoria do Campionato do Mundo de Xadrez das categorías sub-8 a sub-12.
A delegación estaba integrada por Gaspar Pérez Carnero, presidente da Federación Galega de Xadrez; Ramón Padullés, secretario da Federación Española de Ajedrez; Francisco Javier Ochoa de Echagüen, presidente da Federación Española de Ajedrez; e o diputado Julio Torrado Quintela.
Clausura XII Circuito Galego Xadrez Promoción 2017
O Sábado, 04 de Novembro de 2017 no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa tivo lugar a Clausura e entrega de Premios do XII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2017 onde máis de 800 xogadores participaron. Este ano o calendario estivo formado por 19 torneos repartidos por gran parte de Galicia.
Os podios foron os seguintes:
Categoría Sub-08:
Campión: Iago Fernandez Ramos (Xadrez Bretema)
Campioa: Clara Mendez Rial (Ajedrez Padron)
Subcampión: Alexandre Rodriguez Vieito (Xadrez Mos)
3º clasificado: Daniel Garcia Morales (EX Pontevedra)
Categoría Sub-10:
Campión: Alejandro Cereijo Suarez (EX Compostela)
Campioa: Nerea Cereijo Suarez (EX Compostela)
Subcampión: Eduardo Cabañas Lopez (USC)
3º clasificado: Javier Caudet Soto (Ajedrez Lucena)
Categoría Sub-12:
Campión: Xacobe Conde Riveiro (Xadrez Ourense)
Campioa: Marta Quintas Fernandez (Escola Luguesa)
Subcampión: Luca Rey Chimera (Xadrez Fontecarmoa)
3º clasificado: Diego Lopez Gonzalez (Ajedrez Padron)
Categoría Sub-14:
Campión: Cesar Perez Dapoza (Universidad de Vigo)
Campioa: Paula Quintas Fernandez (Escola Luguesa)
Subcampión: Andres Rodriguez Ferreiros (Xadrez Fontecarmoa)
3º clasificado: Antonio Alvarez Pampillon (Xadrez Mos)
Clasificación Final XII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2017 (actualizado 06/11/2017).