Monthly Archives: Abril 2017
XII Circuito Galego Xadrez Promoción 2017
Pubrícase o calendario do XII Circuito Galego Xadrez promoción 2017 con 19 torneos. Para optar a clasificación final será necesario participar e finalizar 10 torneos.
Para inscribirse e participar é obrigatorio ter seguro deportivo, polo cal, previamente a inscrición, os xogadores extanxeiros ou os non federados deberán abonar a cuota correspondente para cumprir este trámite e federarse a través dunha entidade deportiva española, sendo responsabilidade dos seus clubs, entidades deportivas ou colexios non cumprimentalo.
Toda a información neste enlace.
Campionatos Galegos Semana Santa 2017 (Categorías: Sub-08, Sub-12, Sub-16, Absoluta, Feminina e Veterán)
O venres tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato Galego Absoluto, Feminino e Veterán onde a xogadora do Ajedrez Padrón, Ines Prado Acebo proclamouse Campiona Galega Absoluta. A primeira muller que acada este título nos últimos 30 anos. Fernando Sanchez Aller (Xadrez Rianxo) foi o Subcampión Galego e Diego Espiñeira Gonzalez (Ajedrez Padrón) o 3º clasificado. Marcos Lorenzo Duran (Liceo Recreo Ourensano) proclamouse Campión Galego Veterán. Noraboa!!
Campionato Galego Sub-08: Iago Fernandez Ramos do Xadrez Brétema Campión Galego Sub-08 e Clara Mendez Rial do Ajedrez Padrón 1ª clasificada.
Campionato Galego Sub-12: Ruben Fernandez Lopez da Universidad de Vigo Campión Galego Sub-12 e Carla Ramirez Senlle do Xadrez Mos 1ª clasificada.
Campionato Galego Sub-16: Alfonso Lopez Gonzalez do Ajedrez Padrón Campión Galego Sub-16 e Paula Garcia Alvarez do Xadrez Marín 3ª clasificada da xeral e 1ª clasificada feminina.
I Open Internacional Sub-2200 Hotel CEMAR
TORNEO VALEDERO PARA ELO FIDE E FEDA.
DATAS: Do 14 ao 16 de Abril de 2017.
LOCAL DE XOGO: Salóns do Hotel CEMAR (sito na Estrada Xeral Ponteareas – Mondariz, Km7 – Mondariz Balneario)
INSCRICIÓNS: E-mail: meouterelo@yahoo.es – ajedrezmarcoteeikm@yahoo.es Teléfono: +34 627 249 951. Indicando: Nome e apelidos, data de nacemento, ELO FIDE e FEDA, teléfono de contacto e email
• Aloxados no Hotel CEMAR**: DE BALDE.
• Xeral: 6 €.
• Data límite de inscrición: Venres 14 de abril ás 12.00 horas.