Monthly Archives: Marzo 2017
Curso semipresencial de Árbitro de Base e Árbitro Autonómico de Xadrez 2017
A Federación Galega de Xadrez, a través do seu Comité Técnico de Árbitros, convocou un curso semipresencial para a obtención dos seguintes títulos:
- Árbitro Autonómico de Base.
- Árbitro Autonómico.
A parte final, que será presencial e terá lugar nos salóns do Hotel Scala de Padrón (A Coruña), será para aclarar dúbidas sobre todo o temario, explicación de elaboración dun informe arbitral co VEGA e a realización do exame. Terá o seguinte formato:
Día | Horario | |
Venres 14/04/2017 | De 17:00 a 20:00 horas | Repaso e dúbidas do temario |
Sábado 15/04/2017 | De 10:00 a 13:30 horas | VEGA e informe arbitral |
Sábado 15/04/2017 | De 16:00 a 20:00 horas | Exames, 4 probas |
Máis información (horarios, temario, etc) na Convocatoria do curso.
Convocatoria Exame Arbitro Nacional 2017
O Comité Técnico de Árbitros publicou o comunicado 02/2017 cás sedes provisionales para o exame de Árbitro Nacional (descargar pdf).
Os dereitos de exame serán de 51 € que deberán ser ingresados na conta da FEDA. O prazo de inscrición ao exame remata o 31 de Marzo de 2017.
Comunicado CTA 01/2017 cá convocatoria do exame de AN neste enlace.
Asemblea Xeral Ordinaria
Por orde do Sr. Presidente da Federación Galega de Xadrez D. Gaspar Pérez Carnero, convocase, segundo o artigo 33.2 dos estatutos da FEGAXA, reunión da Asemblea Xeral Ordinaria desta federación deportiva para o vindeiro día 09 de abril de 2017, ás 10:30 horas en primeira convocatoria e ás 11:00 en segunda convocatoria, no hotel Scala en Padrón.
Toda a documentación, neste enlace.
XII Circuito Galego Promoción 2017
A Federación Galega de Xadrez publica as bases do XII Circuito Galego Promoción 2017 (descargar pdf).
O prazo de inscrición ao Circuito pecharase o 30 de Marzo de 2017. Terán preferencia os torneos incluídos no calendario 2016 e o resto de solicitudes por orde de entrada. Por cuestión de calendario, non se aceptarán máis de 18 torneos.
As solicitudes de admisión deberán dirixirse por correo á Federación Galega de Xadrez ou vía e-mail fegaxa@fegaxa.org.
O arbitraxe realizarase co programa SWISS MANAGER ou VEGA, sendo obrigatorio ter como árbitro principal un colexiado con licenza en vigor, que posea, como mínino, o título de Arbitro de Base (Circular Fegaxa 01/2017).
Liga Galega por equipos de Club 2017
Según o artigo 3.6 do Título VIII do Regulamento Xeral de Competicións da Federación Galega de Xadrez: “Todos os xogadores incorporados a un club unha vez finalizado o período de notificación de ordes de forza, de incluírse nalgún equipo, engadiranse co número de orde seguinte ao que xa exista, sendo o prazo límite 48 horas antes do comezo da sexta rolda, tomando como referencia a división de honra.”
O prazo rematará o Xoves, 09 de Marzo de 2017 ás 17:00 horas. Non se admitirán novas incorporacións pasado o prazo establecido.
Campionatos Galegos Entroido 2017 (categorías Sub-10, Sub-14 e Sub-18)
Onte remataron os Campionatos Galegos do Entroido (Sub-10, Sub-14 e Sub-18) que tiveron lugar nos salóns do Hotel Las Sirenas de Covas (Viveiro) do 25 ao 28 de Febreiro de 2017.
Na categoría Sub-10 proclamouse Campión Galego Sub-10 o xogador, do Ajedrez Padrón, Xulio Del Prado Rodriguez; e a xogadora Paula Suarez Gomez, do Xadrez Fontecarmoa, foi a 1ª clasificada feminina.
Na categoría Sub-14 o xogador do Xadrez Ourense, Martin Gomez Carreño, obtivo o título de Campión Galego Sub-14 e Marta Quintas Fernandez, da Escola Luguesa, proclamouse como 1ª clasificada feminina.
E na categoría Sub-18 proclamouse Campión Galego Sub-18 o xogador, do Liceo Recreo Orensano, Angel Dominguez Fernandez, e a xogadora Mireya Represa Perez, do Xadrez Laroca, foi a 1ª clasificada feminina.