Monthly Archives: Decembro 2016
Liga Galega por equipos de Club 2017
XXXII Aberto Internacional Aninovo Barrocas – VII Memorial Manuel Villar
TORNEO VALEDEIRO PARA ELO FIDE.
DATAS: Do 24 de Decembro de 2016 ao 05 de Xaneiro do 2017.
LOCAL DE XOGO: Salóns da AAVV de Barrocás – Ourense
Máis información do torneo, neste enlace.
Composición final Grupos Liga Galega 2017
Rematado o prazo de reclamación, pubrícanse os grupos definitivos da Liga Galega por equipos de Club 2017 (descargar pdf).
O calendario para a tempada 2017 realizarase o Xoves, 29 de Decembro de 2016 a partir das 10:30 horas.
Publicada a convocatoria de subvencións a Entidades Deportivas da SXD.
O mércores 14 de decembro publicouse no Diario Oficial de Galicia a “Resolución do 25 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se convocan subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas”.
Prazo de solicitudes: do 15.12.2016 ao 16.01.2017
Toda a información sobre as subvencións así como a GUÍA DO SOLICITANTE (guía de axuda para a tramitación da solicitude), están dispoñibles na web http://deporte.xunta.gal/
V Torneo Internacional Memorial Ramon Escudeiro Tilve
TORNEO VALEDERO PARA ELO FIDE.
DATAS: O 27 e 28 de Decembro de 2016.
LOCAL DE XOGO: Hotel Galicia Palace (Avda. de Vigo, Nº 3 – Pontevedra)
INSCRICIÓNS: Enviando correo electrónico a escola@xadrezpontevedra.com ou chamando ao 650 64 53 18. Os xogadores deben indicar nome e apelidos, DNI, data de nacemento e código FIDE.
Exentos os xogadores con título de GM, MI ou ELO FIDE RAPID superior a 2.300.
Ata o día 26 de decembro ás 21.00 h, enviando xustificante de ingreso ou transferencia bancaria: ABANCA IBAN ES27 2080 3116 0830 4000 4686. No local de xogo, ata 10 minutos antes do inicio da primeira rolda:
20,00€ categoría absoluta
15,00€ sub16, veteranos (+60) e socios EXP.
Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria.
Para dar cumplimento o establecido no artigo 61.4 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia; por orde do Sr. Presidente da Federación Galega de Xadrez D. Gaspar Pérez Carnero, convócase, segundo o artigo 33.2 dos estatutos da FEGAXA, reunión da Asemblea Xeral Extraordinaria desta federación deportiva para o vindeiro día 17 de decembro de 2016, ás 11:30 horas en primeira convocatoria e ás 12:00 en segunda convocatoria, na Casa do Deporte de Vigo, na Rúa Luis Ksado, S/N (sede da FEGAXA).
Proxecto deportivo 2017 (correspondente ao punto 1 da orde do día).
Proxecto económico e orzamento 2017 (correspondente ao punto 2 da orde do día).