Daily Archives: 29 de Agosto de 2016
VIII Torneo Internacional Concello de Rianxo
O Sábado, 27 de Agosto tivo lugar no Pavillón Polideportivo Municipal de Rianxo o 10º torneo pertencente ao XI Circuito Galego Xadrez Promoción 2016: VIII Torneo Internacional Concello de Rianxo con máis de 220 participantes nas diferentes categorías.
Máis información do torneo: Sub-08, Sub-10, Sub-12, Sub-14, Afeccionados e Absoluta.
Clasificacion provisional XI Circuito Galego de Xadrez Promoción 2016 (actualizada 29/08/2016)
Campionato de Europa Xuvenil 2016
¡A delegación española cosechou tres medallas no Campionato de Europa Xuvenil de Praga 2016! Gracias a estos resultados España finalizou terceira no resultado de delegacións tan só superada por Rusia e Armenia.
7 xogadores galegos participantes: Pura Dieguez Novoa (G8), Paula Suarez Gomez (G10), Benjamin Dieguez Novoa (B10), David Buitrón Ramil (B14), Julio Suarez Gomez, Alberto Portela Peleteiro e Héctor Laiz Ibañez (B18).
Campionatos de España por Equipos de Club 2016
CECLUB PRIMEIRA DIVISIÓN
Entre os días 20 e 26 de agosto disputouse en Linares o Campionato de España por Equipos de Club de Primeira División con 8 equipos nun sistema Round Robin. O CAC Beniajan – Duochess proclamouse campión con 14 puntos e pleno de victorias. Xunto a él, ascenderá a división de honra o Escola D’Escacs de Barcelona como subcampión con 10 puntos.
CECLUB SEGUNDA DIVISIÓN
O Campionato de España por Equipos de Club de Segunda División celebrouse en Linares do 16 ao 20 de agosto e contou con trinta e cuatro equipos procedentes de toda España. O Club de Ajedrez Real Oviedo de Asturias alzouse cá victoria con 10 puntos de 12 posibles. O Club de Ajedrez Solvay B finalizou en segunda posición, gracias a un mellor desempate que o resto de equipos con 9 puntos. Ambos equipos logran así o ascenso a Primeira División para o ano 2017. O C.A. Centro Goya – Villa de Teror e o C.A. Liberty Chess, terceiro e cuarto respectivamente, manterán a categoría de Segunda División no 2017.