Monthly Archives: Xullo 2016
Campionato de España Sub-12 2016.
Marc Carbonell de Valencia e Cecilia Guillo de Madrid son os Campións de España Sub-12 de xadrez lento 2016. O mellor xogador galego clasificado foi Andrés Rodríguez Ferreirós do Xadrez Fontecarmoa que obtivo o 22º posto con 6,0 puntos dos 9 posibles.
No Campionato de España de xadrez rápido sub-12 o xogador da Escola Luguesa de Xadrez, Pablo López Varela, foi o xogador galego mellor clasificado con 6,5 puntos dos 9 posibles.
Toda a información: Campionato de España Sub-12 lentas e Campionato de España Sub-12 rápidas.
III Torneo Internacional Xadrez Campus de Ourense 2016
O xogador MI Arian González Pérez proclamouse campión no III Torneo Internacional Xadrez Campus de Ourense 2016.
Toda a información, neste enlace.
Clasificación xeral provisional do XXIX Circuito Galego de Xadrez 2016 (actualizada 11/07/2016).
Torneos fin de semana
II Torneo Tapería A Vila (1º torneo pertencente ao III Circuito Verán Enroque)
Data: Venres, 08 de Xullo de 2016.
Local de xogo: Tapería A Vila (sito na Rúa Juan Garcia, Nº 7 – Vilagarcía de Arousa).
Inscricións: De balde no e-mail torneos@cxfontecarmoa.com
Bases do III Circuito Verán Enroque.
Bases do II Torneo Tapería A Vila.
I Aberto de Xadrez Concello de Dumbría (1º torneo pertencente ao I Circuito Intercomarcal de xadrez activo Deputación da Coruña)
Data: Sabado, 09 de Xullo de 2016.
Local de xogo: Edificio Bitácora do Ézaro.
Inscricións: Cota xeral de 10 €. Local e Sub-16: 5 €. No e-mail pokeryajedrez@gmail.com ou no móbil 617 234 393.
Campionato de España Individual Absoluto 2016
DATAS: Do 05 ao 13 de Agosto de 2016.
LOCAL DE XOGO: Auditorio El Pósito Linares (sito na R/ Igleias, Nº 8 – Linares)
INSCRICIÓNS: O canon de inscrición é de 49,00 €. O prazo de inscrición será ata o 25 de Xullo de 2016. Todas as inscricións deberán formalizarse na FEDA a través da súa Federación Autonómica, nos prazos establecidos.
Circular FEDA 22/2016: Convocatoria do Campionato de España Individual Absoluto 2016.
VIII Aberto Internacional de Xadrez Carlos I Silgar 2016
Onte rematou o VIII Aberto Internacional de Xadrez Carlos I Silgar o 1º torneo pertencente ao XXIX Circuito Galego Internacional de Xadrez 2016.
Máis de 100 participantes e David Lariño, da Escola Luguesa, proclamouse campión do torneo.
Máis información, neste enlace.
Clasificación xeral provisional do XXIX Circuito Galego de Xadrez 2016 (actualizada 04/07/2016).
Campionato de España Sub-10 2016
Javier Habans de Navarra e Claudia Hernandez de Andalucía son os Campións de España Sub-10 de xadrez lento 2016. O mellor xogador galego clasificado foi Raúl Seoane Castilla do Círculo Ferrolano que obtivo o 37º posto con 5,5 puntos dos 9 posibles.
No Campionato de España de xadrez rápido sub-10 o xogador do Club Xadrez Fontecarmoa, Xulio Del Prado, foi o xogador galego mellor clasificado con 6,5 puntos dos 9 posibles.
Máis infomación: Sub-10 lentas e Sub-10 rápidas.