Daily Archives: 04 de Xullo de 2016
VIII Aberto Internacional de Xadrez Carlos I Silgar 2016
Onte rematou o VIII Aberto Internacional de Xadrez Carlos I Silgar o 1º torneo pertencente ao XXIX Circuito Galego Internacional de Xadrez 2016.
Máis de 100 participantes e David Lariño, da Escola Luguesa, proclamouse campión do torneo.
Máis información, neste enlace.
Clasificación xeral provisional do XXIX Circuito Galego de Xadrez 2016 (actualizada 04/07/2016).
Campionato de España Sub-10 2016
Javier Habans de Navarra e Claudia Hernandez de Andalucía son os Campións de España Sub-10 de xadrez lento 2016. O mellor xogador galego clasificado foi Raúl Seoane Castilla do Círculo Ferrolano que obtivo o 37º posto con 5,5 puntos dos 9 posibles.
No Campionato de España de xadrez rápido sub-10 o xogador do Club Xadrez Fontecarmoa, Xulio Del Prado, foi o xogador galego mellor clasificado con 6,5 puntos dos 9 posibles.
Máis infomación: Sub-10 lentas e Sub-10 rápidas.