Monthly Archives: Maio 2016
II Campionato Galego de xadrez Relámpago 2016
Celebrado o Martes, 17 de Maio de 2016 no Recinto Ferial FEXDEGA de Vilagarcía de Arousa o II Campionato Galego de xadrez relámpago 2016 onde proclamouse Campión Galego o GM e xogador da Escola Luguesa de Xadrez, David Lariño Nieto. O subcampión foi o FM Fernando Sanchez Aller do Xadrez Rianxo e 3º clasificado o FM Antonio Pazos Porta do Circulo Ferrolano. Noraboa!!
Máis información do campionato, neste enlace.
XIV Torneo Santa Rita – Vilagarcia 2016
Onte, Martes 17 de Maio, tivo lugar no recinto ferial de FEXDEGA de Vilagarcía de Arousa o 4º torneo pertencente ao XI Circuito Galego xadrez Promoción 2016: XIV Torneo Santa Rita – Vilagarcía 2016 con máis de 100 xogadores participantes.
Máis información, neste enlace.
Clasificacion provisional XI Circuito Galego de Xadrez Promoción 2016 (actualizada 18/05/2016)
VI Campionato Galego de Rápidas 2016
O Domingo, 15 de Maio de 2016 no recinto ferial de FEXDEGA tivo lugar o VI Campionato Galego de Rápidas 2016 con máis de 70 xogadores participantes onde o xogador FM do Xadrez Rianxo Fernando Sánchez Aller proclamouse como Campión. O 2º clasificado foi o GM David Lariño Nieto da Escola Luguesa de Xadrez e o 3º clasificado o FM Julio Suarez Gomez do Club Xadrez Fontecarmoa. Noraboa!!
Máis información do evento, neste enlace.
XVI Torneo de xadrez Concello da Guarda 2016
O Sabado, 14 de Maio de 2016 tivo lugar no Castelo de Santa Cruz – A Guarda o XVI Torneo de xadrez Concello de A Guarda, 3º torneo pertencente ao XI Circuito Galego xadrez Promoción. Máis de 140 participantes reuníronse neste evento.
Clasificacións finais: Sub-08, Sub-10, Sub-12, Sub-14 e Absoluta.
Clasificacion provisional XI Circuito Galego de Xadrez Promoción 2016 (actualizada 16/05/2016)
Torneo de Promoción Ortigueira 2016
DATA: 15 de Maio de 2016.
LOCAL DE XOGO: Centro Social de Ortigueira (A Coruña)
INSCRICIÓNS: Cota de 5 €. No e-mail xoanrei@gmail.com ou no móbil 655 796 421.
XXVIII Aberto escolar Peón de Ouro 2016
O pasado fin de semana (07 e 08 de Maio de 2016) tivo lugar o XXVIII Aberto Escolar Peón de Ouro 2016, 2º torneo pertencente ao XI Circuito Galego Xadrez Promoción, onde participaron máis de 130 xogadores.
Clasificacións finais: Sub-08, Sub-10, Sub-12 e Sub-14.
Clasificación xeral XI Circuito Galego Xadrez Promoción actualizada.
Tamén tivo lugar o VI Aberto “Hotel CEMAR” para pais e nais 2016 con 29 xogadores participantes.
Máis información, neste enlace.