Daily Archives: 14 de Abril de 2016
Modificación calendario XI Circuito Galego Xadrez Promoción 2016
Modificación do calendario do XI Circuito Galego de Xadrez Promoción. Dous cambios de datas:
– Noia pasa ao domingo 01 de Maio.
– Miralba para ao sábado 08 de outubro.
So puntuaran na clasificación xeral @s xogadores/as, que no momento de celebración do torneo, estén federados na Federación Galega de Xadrez.
Seminario entrenadores da FIDE
Resultados do Curso FIDE TRAINER celebrado en Padrón do 24 ao 27 de marzo.
Campionatos de España Sub-08 a Sub-18 2016
A FEDA a través da súa circular 13/2016 convoca os Campionatos de España Sub-08 a Sub-18 2016 que terán lugar nos salóns do Best Western Hotel Salobreña.
Establecese un canon de inscrición de 32,00 € para a categoría Sub-08 e de 48,00 € para o resto de categorías. As inscricións deberán formalizarse á FEDA, A TRAVÉS DAS FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS.
Máis información, aqui.
Campionatos de España de Xadrez Rápido, Categorías Sub-10 a Sub-18 2016
A FEDA a través da súa circular 14/2016 convoca os Campionatos de España de Xadrez Rapido, categorías Sub-10 a Sub-18 2016 que terán lugar nos salóns do Best Western Hotel Salobreña.
INSCRICIÓNS: Os xogadores que participaran no Campionato de Xadrez Tradicional da mesma categoría de idade: 12,50 €. Os xogadores que NON participaran no Campionato de España de Xadrez Tradicional da mesma categoría de idade: 20,00 €.
As inscricións deberán formalizarse á FEDA, A TRAVÉS DAS FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS.
Máis información, neste enlace.
Campionato Galego Absoluto, Feminino e Veterán 2016
O pasado venres, 25 de Marzo de 2016 tivo lugar a clausura e entrega de premios dos Campionatos Galegos categoría Absoluta, Feminina e Veterán. Proclamouse Campión Absoluto 2016 o xogador da EXP Alberto Portela Peleteiro, como 1ª clasificada absoluta a xogadora do Ajedrez Padrón Ines Prado Acebo; e como Campión Veterán, Julio Leira Paricio do Ajedrez Grupo Bazan. Noraboa!!
Campionatos Galegos Sub-08, Sub-10, Sub-12 e Sub-16 2016
Do 19 ao 22 de Marzo de 2016 tiveron lugar os Campionatos Galegos Sub-08, Sub-10, Sub-12 e Sub-16 no Hotel Scala de Padrón (A Coruña).
Categoría Sub-08: Campión – Alejandro Cereijo da AD Manuel Peleteiro e 1ª clasificada – Nerea Cereijo tamen da AD Mnauel Peleteiro.
Categoría Sub-10: Campión – Xulio Del Prado do Xadrez Fontecarmoa e 1ª clasificada – Paula Suarez tamén do Xadrez Fontecarmoa.
Categoría Sub-12: Campión – Andres Rodriguez Ferreiros do Xadrez Fontecarmoa e 1ª clasificada, 3º posto na clasificación xeral – Marta Quintás da Escola Luguesa.
Categoría Sub-16: Campión – Gabriel Roma do Xadrez Ourense e 1ª clasificada, 2º posto na clasificación xeral, Mireya Represa do Xadrez Laroca.
Noraboa!!
S08, S10, S12 e S16. Retransmision.