Monthly Archives: Febreiro 2016
Calendario deportivo da Federación Española de Ajedrez
A FEDA pubricou o calendario deportivo 2016 a través da circular 04/2016 (descargar pdf).
Campionato de xadrez da USC 2015-2016
DATA: 26 de Febreiro de 2016.
LOCAL DE XOGO: Sala de lectura da Facultade de Farmacia.
INSCRICIÓNS: Poderán tomar parte tódolos membros da comunidade universitaria que o desexen sempre que sexan usuarios de Deportes da USC.
Bases e inscricións.
Campionatos Galegos Entroido 2016 (Categorías Sub-14 e Sub-18)
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios dos Campionatos Galegos Sub-14 e Sub-18 no Hotel Las Sirenas (Covas – Viveiro).
Na categoría Sub-14 proclamouse Campión Galego o xogador do Ajedrez Padrón, Alfonso Lopez Gonzalez e como 1ª clasificada feminina Paula Garcia Alvarez do Xadrez Marín.
E na categoría Sub-18 David Garcia Sobrino da Escola Xadrez Pontevedra proclamouse Campión Galego e Andrea Dorado Meijide, do Xadrez Fontecarmoa, foi a 1ª clasificada.
Máis información: Sub-14 e Sub-18.
Partidas en directo, neste enlace.
Subvencións a entidades deportivas da SXD
O pasado xoves 4 de febreiro publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes de solicitudes admitidas, excluídas e pendentes de emenda presentadas.
Os listaxes pódense consultar neste enlace.
Subvencións Deputación de Pontevedra
Convocatoria da Deputación de Pontevedra de subvencións a entidades e clubes da provincia para o deporte federado e deporte náutico (remo, vela e piragüismo).
Máis información, neste enlace.
Circular FEGAXA 03/2016: Seguro deportivo Programa XOGADE 2016.
Compón o colectivo a asegurar a totalidade do deportistas participantes na actividade federada desenrolada polos deportistas federados nados entre o 01 de xaneiro de 2000 e o 31 de decembro de 2009 ambos incluídos.
Máis información dos seguros deportivos, aqui.