Convocatoria Arbitraxe Campionatos Galegos 2025

A Federación Galega de Xadrez abre o prazo de solicitudes para actuar como árbitro nos Campionatos Galegos por equipos de Club 2025 (xadrez Lóstrego e xadrez Rápido) que se celebrarán no Hotel Scala (Padrón) o 24 e 25 de Maio de 2025, respectivamente.

Tamén abre o prazo de solicitudes para actuar como árbitro no X Campionato Galego Individual de Xadrez Lóstrego e no XIV Campionato Galego Individual de Xadrez Rápido que se celebrarán no Hotel Scala (Padrón) o 31 de Maio e 01 de Xuño de 2025, respectivamente.

O prazo de solicitude para ambas convocatorias estará aberto ata o Luns, 28/04/2025 (incluído).

As solicitudes deberán facerse a través da Federación Galega de Xadrez por e-mail fegaxa@fegaxa.org.

Máis información, nos seguintes enlaces:

Campionatos “Xunta de Galicia” Semana Santa 2025

Mañá, Xoves 17/04/2025, ás 10:00 horas no Hotel Scala de Padrón (A Coruña) dará comezo o Campionato “Xunta de Galicia”  categorías Absoluto, Feminino e Veterán.

Enlace Info64: categoría Absoluto Open.

Enlace Retransmisión: categoría Absoluto Open.

Campionato «Xunta de Galicia» Sub-16 2025

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala ( Padrón) dos Campionatos » Xunta de Galicia» 2025, categoría Sub-16 Open.

Proclamouse Campión  Iago Fernández Ramos do Club Deportivo Marquiño, Adrián Argudín Fernández (Xadrez Mos) foi o Subcampión e Javier Del Valle Crespo (Xadrez Mos) o 3º clasificado. Irene Diz Loroño do Club Xadrez Fontecarmoa foi a 1ª clasificada feminina (18º posto na  xeral)

Parabéns a todos!

Toda a información, neste enlace.

Campionato Galego Sub-16 Open 2025

Campionatos «Xunta de Galicia» Semana Santa Sub-10, Sub 12 e Sub 16 2025

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala (Padrón) dos Campionatos » Xunta de Galicia» 2025, categorías Sub-10 Open e Sub-12 Open.

Na Categoría Sub-10 o xogador de Ajedrez Lucena,  Mateo Rey Barciela proclamouse Campión, Telmo Vicente Resua do Club Xadrez Rianxo foi o Subcampión e Noe Díz Eitor (Ajedrez Padrón) o 3º clasificado. Ariadna López Núñez  (Coruña Club Ajedrez) acadou o posto 5º da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.

Na Categoría Sub-12,  proclamouse Campión o xogador Marcos Iglesias Flores da Escola Luguesa, David Álvarez Gándara (Club Ajedrez Lucena) foi o Subcampión e Javier Lema Fernández (Escola Xadrez Pontevedra) o 3º clasificado. Alicia Castillo Cores da Escola Xadrez Pontevedra foi a 1ª clasificada feminina (10º posto na xeral).

¡Parabéns a todos!

Toda a información, neste enlace.

Enlaces Info64:

Campionato Galego Sub-10 Open 2025

Campionato Galego Sub-12 Open 2025

 

 

Campionatos de España Individuais Sub-08 a Sub-16 2025

A Federación Española de Ajedrez a través da súa circular 11/2025 convoca os Campionatos de España Individuais Sub-08 a Sub-16 2025.

Máis infomación: Circular da convocatoria e Anexo I – Reserva Aloxamento.

Liga Galega por equipos de Club 2025

O Sábado, 5 de abril de 2025 tivo lugar a novena rolda da Liga Galega por equipos de Club 2025.

Na División de Honra (máxima categoría Galega) o equipo Club Deportivo Xadrez Ourense A sitúase provisionalmente na primeira posición con 37,5 puntos, seguido do Círculo Ferrolano A con 36 puntos e o Xadrez: Estratexia pola Paz con 35 puntos.

Na categoría Preferente, tivo lugar a última ronda da Liga Galega por equipos de Club 2025, o equipo Algalia proclamouse Campión do grupo A con 38, 5 puntos, e no grupo B o campión é o Club Xadrez Mos A con 42 puntos. Os equipos que xogan a promoción de ascenso son o Narontec CXN do grupo A contra o Lucena XG – Vigo do grupo B.

Toda a información, neste enlace

Ritmos de xogo:

  • División de Honra, Preferente, Primeira e Segunda División: 90 min. + 30 seg/xogada
  • Terceira División xogarán a 60′ + 30”/xogada

Documentación:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies