Xunta de Galicia - Deporte Galego

Campionato De España Sub12

O sábado 1 de Agosto tivo lugar a clausura e entrega de premios no  Hotel Suits Salobreña ( Granada) do Campionato de España Sub12,  o navarro Javier Habans Aguerrea proclamouse Campión cun total de 8 puntos de 9 posibles. Acompañárono  no podio, o  madrileño Julio Stefano Centeno Mendoza, con 7,5 puntos, e o andaluz Juan Alberto Gómez Aguirre, con 6,5 puntos.

Na clasificación feminina, a balear Cristina Sureda González  proclamouse Campiona de España con 5,5 puntos. Rematando con 5 puntos, a subcampiona Elena Rodríguez Canovas de Murcia e a terceira clasificada Adriana Iribas Garayoa de Navarra.

Clasificacións Finais Campionato España Sub12

Enlace Info64

Retransmisión en directo