Dando continuidade ao circuito internacional celebrado no ano 2019, dende a Federación Galega de Xadrez estase a traballar na elaboración do XXXIII CIRCUITO GALEGO DE XADREZ INTERNACIONAL 2020, respetando as tradicións dos torneos e as condicións, caraterísticas e datas de anteriores edicións para cada un deles.
O prazo de solicitude de inscrición permanecerá aberto ata o 16 de Marzo de 2020 (incluido). Os interesados deberán enviar o formulario de coordinación debidamente cumprimentado ao e-mail fegaxa@fegaxa.org.
Formulario de coordinación (formato word ou formato pdf).