Xunta de Galicia - Deporte Galego

Campionatos de España Sub-08 a Sub-18 2017

A Federación Española de Ajedrez a través das súas circulares 08/2017 e 09/2017 convoca os Campionatos de España Sub-08 a Sub-18 2017 e os Campionatos de España de xadrez Rápido Sub-10 a Sub-18 2017.

Os Campionatos terán lugar nos salóns do Hotel Best Western Hotel Salobreña.

Establécese un canon de inscrición de 33 € para a categoría Sub-08 e 49 € para o resto de categorías. O prazo de inscrición abrirase o 06 de Marzo para todas as categorías e realizarase a través da plataforma Web que se creou ao efecto dentro da Web da FEDA  e pecharase según as táboas indicadas en cada circular.

O prazo para as reservas de cada Campionato acaba o mesmo día que o da inscrición. Toda a información atoparase no formulario de reserva (formato doc ou pdf).