Xunta de Galicia - Deporte Galego

Curso semipresencial de Árbitro de Base e Árbitro Autonómico de Xadrez 2017

A Federación Galega de Xadrez, a través do seu Comité Técnico de Árbitros, convocou un curso semipresencial para a obtención dos seguintes títulos:

  • Árbitro Autonómico de Base.
  • Árbitro Autonómico.

A parte final, que será presencial e terá lugar nos salóns do Hotel Scala de Padrón (A Coruña), será para aclarar dúbidas sobre todo o temario, explicación de elaboración dun informe arbitral co VEGA e a realización do exame. Terá o seguinte formato:

Día Horario  
Venres 14/04/2017 De 17:00 a 20:00 horas Repaso e dúbidas do temario
Sábado 15/04/2017 De 10:00 a 13:30 horas VEGA e informe arbitral
Sábado 15/04/2017 De 16:00 a 20:00 horas Exames, 4 probas

 

Máis información (horarios, temario, etc) na Convocatoria do curso.