Arbitraxe Campionatos Galegos Individuais Lóstrego e Rápidas 2024

A Federación Galega de Xadrez abre o prazo para solicitar o arbitraxe como principal e/ou adxunto nos Campionatos Galegos Individuais xadrez Lóstrego e xadrez Rápido que terán lugar no Hotel Scala de Padrón (A Coruña) o 01 e 02 de Xuño de 2024.

O prazo estará aberto ata o 23 de Maio de 2024 (incluído).

Toda a información, neste enlace.

Concesión Arbitraxes Campionato Galego por equipos de Club (Blitz e Rápidas)

Rematado o prazo de solicitude de arbitraxe para os Campionatos Galegos por equipos de club 2024, modalidades Blitz e Rápido, publícase a concesión dos mesmos neste enlace.

Liga Galega por equipos de Club 2024

Rematada a Liga Galega por equipos de Club 2024 o pasado 11 de Maio de 2024, o Club Deportivo Xadrez Ourense A proclamouse Campión Galego Absoluto por equipos da tempada 2024 con 48,5 puntos, seguido do CXF – Viajes Interrias Sanxenxo con 42,0 puntos e o 3º clasificado foi Xadrez: Estratexia pola paz con 41,5 puntos.

Atendendo ás clasificacións finais de cada categoría, publícase a composición provisional da Liga Galega por equipos de club 2025 cá nova división: PREFERENTE.

Toda a información, neste enlace.

 

Campionatos Galegos por equipos de Club 2024 – Rectificados

A Federación Galega de Xadrez convoca os Campionatos Galegos por equipos de Club 2024 (xadrez Lóstrego e xadrez Rápido) que terán lugar no Hotel Scala (Padrón – A Coruña) o 25 e 26 de Maio de 2024, respectivamente.

Infórmase que a cota de inscrición é de 15,00 €/equipo.

 

Torneos Maio 2024

Publicanse as bases dos torneos organizados polas diferentes entidades que terán lugar en Maio do 2024.

Enlace Outros Torneos.

PR945C – Subvencións entidades deportivas

Onte (luns, 22.04.2024) publicouse no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN final das subvencións a entidades deportivas do procedemento PR945C (liña I: actividade deportiva;  liña II: NADEs).

A partir de hoxe xa se pode presentar a documentación xustificativa aínda que non percibírades todavía o anticipo. Na seguinte ligazón hai unha listaxe co importe do anticipo que se percibirá e do restante (para que se poida consultar e indicar no Anexo VIII de aboamento).

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies