Monthly Archives: Xullo 2024

Campionato de España Sub 14 e Sub 14 Xadrez Rápido 2024

O sábado, 20 de Xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Salobreña Suites (Granada) do Campionato de España Sub-14 de lentas, onde Pau Marín Ferragut de Baleares e Marta Elena Jiménez Carrazoni de Madrid  proclamaronse Campións.

O xogador galego mellor clasificado foi Javier Del Valle Crespo (Club Xadrez Mos) acadando o posto 17 con 6.5 puntos.

Enlace Info64

Retransmisión en directo

O domingo, 21 de Xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel  Salobreña Suites (Granada) do Campionato de España Sub-14 de Xadrez Rápido, onde os xogadores Pau Marín Ferragut de Baleares e Marta Elena Jiménez Carrazoni de Madrid  forón tamén os Campións.

O xogador galego mellor clasificado foi Diego Ibañez Cruces (Club Ajedrez Lucena) acadando o posto 12 con 6.5 puntos.

Enlace Info64

XXXIX Festival Internacional de Xadrez Cidade de Ferrol

O venres, 19 de Xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios do I Torneo Pertencente ao  XXXV CIRCUITO GALEGO DE XADREZ 2024: XXXIX Festival Internacional de Xadrez “Cidade de Ferrol” onde o xogador do Club  Xadrez Rianxo e GM David Lariño Nieto proclamouse Campión do torneo con 8 puntos.

Enlace Info64

Lémbrase que para optar os premios da Clasificación Xeral do XXXV Circuíto Galego de Xadrez, haberá que participar en, polo menos, 3 dos torneos. A participación terase en conta sempre e cando rematen ditos torneos, tendo en conta o estipulado no apartado b.5) do título VII do Regulamento Xeral de Competicións.

Clasificación Provisional do XXXV Circuíto Galego de Xadrez 2024

Para máis información do XXXV Circuito Galego de Xadrez, aquí.

Campionato de España por Equipos de Club Primeira División 2024

A Feda a través da súa circular 17/2024 convoca o Campionato de España por equipos de Club Primeira División 2024.

Toda a información neste enlace.

Anexo I inscrición.

Anexo II Situación Extracomunitarios

Campionato de España por Equipos Ceclub Segunda División 2024

A Feda a través da súa circular 14/2024 convoca o Campionato de España por equipos Ceclub Segunda División 2024.

Toda a información neste enlace.

Anexo I inscripción.

Anexo II Situación Extracomunitarios

Comunicado 05/2024 Comité Técnico de Árbitros: Oferta de Arbitraxe Campionatos de España 2024

A Federación Española de Xadrez na súa circular 05/2024 Convoca as ofertas de arbitraxes para os campionatos de España do 2024.

Podese consultar no seguiente enlace.

Campionato de España Sub 12 e Sub 12 Xadrez Rápido 2024

O sábado 13 de xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Salobreña Suites (Granada) do Campionato de España Sub-12 de lentas,  Álvaro Torres Rebolledo de Madrid e Amaya Alfaro Aldunate de Navarra,  proclamaronse Campións de España de Xóvenes Categoría Sub 12.

O xogador galego mellor clasificado foi Nicolas Fernandez Sabajanes (Escola Xadrez Compostela) no 13º  posto con 6,5 puntos.

Enlace Info64

Retransmisión en directo

O Domingo 14 de Xullo no Hotel  Salobreña Suites (Granada) tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España Sub-12 de Xadrez Rápido, Álvaro Torres Rebolledo de Madrid e Laura Gimeno Torres de Aragón, proclamaronse Campións de España por Edades de Xadrez Rápido Categoría Sub 12.

O xogador galego mellor clasificado foi David Alvarez Gonzalez (Club Ajedrez Lucnea)  no 13º  posto con 6,5 puntos.

Enlace Info64

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies